jueves, 14 de agosto de 2008

Rosalía de Castro



¡Érguete, miña amiga,
que xa cantan os galos do día!
¡Érguete, miña amada,
porque o vento muxe, como unha vaca!

(García Lorca)

Rosalía de Castro é unha das máis grandes voces líricas que brilla na literatura universal. Ler a Rosalía é experimentar o poder da poesía como arte que revela valores cognitivos e ideolóxicos en claves metafóricas e simbólicas, como arte que transmite coñecemento. A súa loita por achar a verdade significa unha permanente busca espiritual que se traduce en angustia e, naturalmente, agroma nos seus versos. Poeta do misterio e dos temores, as ideas e vivencias que os seus versos nos transmiten axúdannos a comprender, e mesmo a vivir, as nosas propias experiencias coa intensidade intelectual e emocional con que a poeta soubo iluminar os camiños da existencia humana. Ler a Rosalía é, tamén, descubrir o pensamento máxico de Galicia, escoitar o murmurio dos ríos, o canto das fontes, os rumores dos bosques. Na poeta padronesa revive o misterio e poder dos druídas antigos que renden culto á natureza. E ler a Rosalía é escoitar un berro de rebeldía dunha muller que clama contras as inxustizas que sofre unha terra humillada e desprezada.
Escoitamos a voz dunha poeta que rompe coas convencións de normas imanadas de sociedades patriarcais e puritanas e admiramos a modernidade da poeta que nos descobre a súa mirada dignificadora da muller e os marxinados.


RECITAR, VERSIFICAR, ESCENIFICAR, RAPEAR...
Le e recita os seguintes poemas de Rosalía: "Nasín cando as prantas nasen", de Cantares gallegos, "Mais ó que ben quixo un día", de Cantares gallegos, e "¿Por que, miña almiña?" de Follas novas.
A continuación, enche os espazos para crear novos poemas.

-1-

Nasin cando ____________________,
no mes ______________________,
nunha _______________________,
nunh________________________.
Por eso me chaman ________________
mais a do ___________________
con ________________________
sin ningunha para ti.

Dés que te quixen, ______________,
todo ___________________,
que eras tí ________________
miña ___________________.

De que pois te ________________________?
De que pois te ____________________,
cando sabes _____________________
por te ________________________?

Duro __________________________
con ese teu ______________,
con ese teu ______________
que non sei _______________,
pois dinche _______________
______________ de ti,

O meu corason che mando
cunha chave para o abrir,
Nin eu teño mais que darche,
nin ti mais que me pedir.


-2-

Mais ó que ben quixo un día,
si a querer ten afición,
sempre lle queda unha mágoa
dentro do seu corazón.


Aló nas _________________,
aló nas _________________,
fanse _______________________
que _________________________.

Aló _____________________,
aló _____________________,
fanse ____________________,
máis _____________________.

Que non hai _______________
para quen ________________,
e máis presto ___________
canto máis _____________

-3-

Por que, _____________,
por que ora __________
o que antes _________?

Por que, ____________,
por que ora __________
de _________________?

Por que, ____________,
por que ora ___________,
cando _________________?

Por que, ______________,
por que ora ___________
falares _______________?

Por que xa ___________
co ___________________
que _________________?

Por que, en fin, ___________,
a un tempo ____________
a _________ i o __________?

¡Ou ti, __________
que din ______________
naciche, poideras
por sempre _____________,
xa que _______________
por sempre ______________…!

-4-
Este poema de Rosalía, incluído en Cantares gallegos, presenta a forma de romance. Substitúe as palabras rimáticas por outras da túa propia creación. Se che resulta más fácil, mudas só as palabras rimática dos versos múltiplo de catro.

Sin ela vivir non podo,
non podo vivir sen ela;
qu'adonde queira que vaya
cróbeme unha sombra espesa.

Cróbome unha espesa nube
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada,
qu'a miña vida envenena.
Leváime, leváime, airiños,
com'unha follina seca,
que seica tamén me puxo
a calentura que queima.
¡Ai!, si non me levás pronto,
airiños d'a mina terra:
si non me levás, airiños,
qulsáis xa non me coñesan;

Leváime, leváime, ariños,
leváime adonde me esperan
unha nal que por min chora,
un pai que sin min n'alenta,
un hirmán por quen daría
a sangre d'as miñas venas,
y un amoriño a quen alma
e vida ile prometera.
Si pronto non me levades,
¡ai!, morrerei de tristeza,
soya n'unha terra extraña,
donde extraña m'alomean,
donde todo canto miro
todo me di ¡extranxeira!
¡Ai, miña probe casiña!
¡Ai, meu cuchiño bermello!

Non permitás qu'aquí morra,
airiños d'a miña terra,
qu'ainda penso que de morta
hei de sospirar por ela:
ainda penso, airiños aires,
que dimpois que morta sea,
e aló pol-o camposanto,
onde enterrada me teñan,
pasés n-a calada noite
runxindo antr'a folla seca,
ou murmuxando medrosos
antr'as brancas calaveras;
inda dimpois de mortiño,
airiños d'a miña terra,
heivos de berrar: ¡Ariños,
airiños, leváime a ela!

-5-

Dramatizar o poema “¡Como venden a carne no mercado¡”.
Formar un grupo de catro actores e dúas actrices. Adxudicar os pepeis a cada un e memorizar o texto. Preparar a escenificación e representar a escena descrita no poema. Finalmente, suxerimos unha modificación do poema adaptando a escena orixinal a unha situación acorde cos tempos e circunstancias da xuventude actual.

──¡Como venden a carne no mercado,
vendeute o xurafás!
──¡Pero que importa ó fin que me vendese,
si eu n´o podo olvidar!
──Matoute a penas, sin piedá, e deixoute,
deixoute o desleal.
──Pois olvidada morrerei e triste,
que olvidalo…; ¡non xa!
──Cal se pisan as herbas, el pisoute…
¡Ódiate! ¿E n´o odiarás?
──Anque me odie, e me pise, e me maldiza,
heillo de perdoar.
──¡Mal haia a túa constancia, probe tola,
i a túa lealtad!

Mais anque ti o perdoes, Dios, que é xusto,
n´o pode perdoar.
Un incrédulo, aparte,
sorrindo cun sorrir de Satanás
.
──Fiádevos en dios e non corrades,
¡Dios!, ¿quen sabe se o hai?
Unha vella que pasa. ──Aquel que as fixo,
eu sei que tarde ou cedo as pagará.
Outro. ──Ás escuras vamos,
sen que sepa ninguén para donde vai.
Pero, cobre na man o que poidere;
máis val ter en seguro que esperar.
Un bon. ──Hai tantos homes
como intencións e pensamentos hai.
Pero dichoso aquel que inda morrendo
ó que matou lle pode perdoar.

-6-

Rapear o poema nº 7 de Cantares gallegos.
Este poema presenta características rítmicas facilmente adaptables ao ritmo e recitado propios do rap. Busca un fondo de rap instrumental e recita o poema a ritmo deste movemento.

Fun un domingo,
fun pola tarde,
co sol que baixa
tras dos pinares,
cas nubes brancas
sombra dos ánxeles,
cas palomiñas
que as alas baten,
con un batido
manso e suave,
atravesando
vagos celaxes,
mundos extraños
que en raios parten
ricos tesouros
de ouro e diamante.
Pasín os montes,
montes e valles,
pasín llanuras
e soledades;
pasín os regos,
pasín os mares,
con pés enxoitos
e sin cansarme.

Colleume a noite,
noite brillante,
cunha luniña
feitas de xaspes,
e fun con ela
camiño adiante,
cas estreliñas
para guiarme,
que aquel camiño
solo elas saben.

Dempois a aurora
co seu sembrante
feito de rosas
veu a alumbrarme,
e vin estonces,
antre o ramaxe
de olmos e pinos,
acobexarse
branca casiña
con palomare,
donde as pombiñas
entran e saien.
Nela se escoitan
doces cantares,
nela garulan
mozos galantes
cas rapaciñas
de outros lugares.
Todo é contento,
todo é folgare,
mentras a pedra
bate que bate,
mole que mole,
dálle que dálle,
con lindo gusto
faille compases.

Non hai sitiño
que máis me agrade
que aquel muíño
dos castañares,
donde hai meniñas,
donde hai rapaces,
que ricamente
saben loitare;
donde rechinan
hasta cansarse
mozos e vellos,
nenos e grandes,
e anque non queren
que aló me baixe,
sin que o soupera
na casa naide,
fun ó muíño
do meu compadre;
fun polo vento,
vin polo aire.

lunes, 17 de marzo de 2008

ALEJO CARPENTIER. Tempo mítico en Viaje a la semilla


“En determinadas ocasiones, es la misma divinidad la que guía la marcha y está al frente de la rotación de este universo en que habitamos nosotros; en otros momentos lo deja ir, cuando los períodos de tiempo que le están asignados han llegado a su término, y el universo vuelve entonces a comenzar por si mismo, en sentido inverso, su ruta circular,, en virtud de la vida que lo anima y de la inteligencia con que le dotó, desde su origen, el que lo compuso”. Platón. El político, o de la realeza.

O conto “Viaje a la semilla” de Alejo Carpentier forma parte da triloxía de relatos que integran Guerra del tiempo, título que preludia o principal trazo que define estes relatos, a inversión do tempo lineal e lóxico das narracións, o que presupón unha ruptura coa concepción e visión da realidade propias da cultura europea. Carpentier formula neste conto temas como a concepción dun tempo circular onde se pregunta sobre a diferenza entre principio e final, vida e morte, onde se cuestiona a temporalidade lineal e logocentrista aristotélica fronte á vixencia do tempo mítico indíxenista de América, ao tempo que postula unha volta ás raíces, nunha busca da identidade e dos valores latinoamericanos como principio e condición necesarios para a rexeneración da cultura latinoamericana mesma. O tratamento destes temas permítennos un achegamento ao relato desde unha reinterpretación mítica, significativa e recorrente en toda a literatura latinoamericana que se coñece como “real marabilloso e realismo máxico”. A morte e retorno á vida e o simbolismo da semente son evocados na figuras de Ceres, ligada aos ciclos da terra, e Venus que se asocia con Eros, a fertilidade (semente), mais tamén principio da noite, orixinando así a viaxe circular. O tema central do relato xira, pois, en volta deste mito da regresíón, das orixes humanas, que describe Platón en “El político, o de la realeza”, e presente en distintas culturas extraeuropeas, sobre todo da mitoloxía mesoamericana. Trátase, en suma, da posibilidade de renovar e rexenerar a existencia dos seres vivintes en xeral e do ser humano en particular. Platón formula este mito como explicación de ciclos alternantes da historia do mundo pertencentes, un ao mundo do Odio e outro ao mundo da Amizade, caracterizados respectivamente pola ausencia ou presencia da divinidade. Cando esta toma o control, detense o curso de crecemento dos seres vivintes, e logo comeza un novo proceso en sentido inverso ou contrario que dá lugar a unha nova xeración nada da terra; serán os Fillos da terra, os homes vinculados coa terra para sempre porque dela xorden igual que as plantas, os autóctonos. O mito da regresión ou tempo invertido vincúlase en Carpentier coa Idade de Ouro, que intúe nunha Utopía do pasado, definida con maior precisión noutras obras do escritor, especialmente en Los pasos perdidos.
Viaje a la semilla narra esta nova fase vital, que tamén ten moito de revolución, como se o home comezara outro camiño en dirección á xuventude e rexeneración ou ordenación do caos, regresar ao mundo orixinal das ideas. O conto discorre seguindo a lóxica da recorrecencia, de acordo coa técnica musical de inicio e retorno. A similitude estrutural e temática cunha sinfonía musical realza a interpretación do relato como recreación mítica desta busca da utopía.
O relato iníciase cun movemento impetuoso e de grande intensidade, que evoca un son sinfónico “fortissimo” para escenificar o momento sombrío en que a figura espectral do vello, cal un deus creador, pon en marcha a trama narrativa que recreará de forma tan atinada e singular a vida de don Marcial: “Varias veces cayó la pregunta de lo alto de los andamios”, “Las cornisas y entablamentos se despoblaron”, “Cuando cayó la noche…”. “Cuando (el viejo) encendió los velones”, “don Marcial pulsó un teclado invisible y abrió los ojos”, o mundo foi creado. Desde o caos incial (“confusas y revueltas las vigas”), o tema narrativo avanza nun movemento “crescendo” alternando con variacións melódicas contrapuntísticas até o brioso “allegro” do grande “sarao” (cap.VI) que supón a marioría (minoría) de idade de protagonista e, en consecuencia, o inicio do transcorrer sereno dunha adolescencia e infancia, cal un andante musical de ritmo descendente con distintos movementos contrastivos, relevantes significativamente no nivel amocional, que desemboca nun final onde predominan os momentos fortes (cap. XII) e un desenlace en forma de subtil e progresivo silencio: “Pero nadie prestaba atención al relato, porque el sol viajaba de oriente a occidente, y las horas que crecen a la derecha de los relojes deben alargarse por la pereza, ya que son las que más seguramente llevan a la muerte”.

sábado, 26 de enero de 2008

Veinte poemas de amor


Pablo Neruda rememora en Confieso que he vivido as fontes das que flúen os versos máis apaixonados da literatura española do século XX. Veinte poemas de amor y una canción desesperada é un libro de amores adolescentes, que garda entre as súas páxinas olor a mar, a choiva de atardeceres outonais, a rúas molladas de Santiago, a ventos de tempestades que sacoden un corazón enamorado de adolescente. Son versos que nos cautivan pola frescura das imaxes que expresan a hiperbólica paixón dos amores primeiros, vividos co dramatismo e grandeza pripios da xuventude. Hai nestas páxinas unha sensación de que podemos crer no poeta, de que nos fala desde a liberdade e autenticidade vital. É este ton confesional de poeta enamorado o que nos leva a considerar o poemario como exemplo de poesía vitalista, luminosa e xuvenil, que nos revela, por medio da intensidade visionaria e profunda das imaxes, a transcendencia e marabillas dun corazón entusiasta e enamorado. A pesar da melancolía e tristeza que preside o clima sentimental en moitos versos, os poemas despertan no lector o soño e ilusión de vivir, de sentir, de amar. A evocación da natureza exuberante das terras austrais, de luces e cores crepusculares, noites de luar e ceos estrelados, de forzas oceánicas e praias solitarias, son o espírito que convoca Neruda nunha especie de unión telúrica coa amada, e conforman o clima sentimental de melancolía e tristeza do poeta, mais tamén de liberdade salvaxe e plenitude erótica.
Poesía para enamorados, desesperanzados, escépticos e hedonistas, para os que son felices, para os que se senten tristes ou abandonados, para os roqueiros, rapeiros e nostáxicos, para os que soñan e saben que deixar de soñar é deixar de vivir, como sabía Álvaro Cunqueiro. ¡Cantos destes versos se cruzaron no destino de tantas parellas de amantes!

domingo, 23 de diciembre de 2007

JUAN RULFO. Pedro Páramo


Pedro Páramo (1955) ten sido considerada por máis de un crítico literario como a mellor novela escrita en castelán do século XX. Esta consideración de privilexio da novela nace da complexidade e ambigüidade dos distintos elementos que a conforman.
Unha novela marcada por máis dun enigma, e o primeiro deles é saber se foi Pedro Páramo quen buscou a Juan Rulfo para que lle dese vida e celebridade ou, mais ben, Juan Rulfo debe a súa sona á creación de Pedro Páramo.O enigma formulado como idea de busca e procura dun soño ou ideal é precisamente o obxectivo e motor que pon en acción os protagonistas da novela, mesmo desde a frase antolóxica con que dá comezo a trama: “Vine a Comala porque me dijeron que acá vivía mi padre, un tal Pedro Páramo”. Juan Rulfo acaba de convidar ao lector a entrar nun universo cheo de interrogantes e intriga, para os que precisa dunha resposta. Quen é este personaxe que nos anuncia a súa viaxe en busca do pai? Por que e para que desexa, en verdade, atopar un pai do cal semella que non sabe con certeza (“un tal") nin o seu nome? Que buscará realmente Juan Preciado? Haberá talvez alguén interesado en que ache e coñeza o seu proxenitor? Quen é ese “tal Pedro Páramo"? Que é Comala? Terá este escenario –real ou imaxinario- algún sentido especial derivado de referentes históricos, culturais, míticos, etc.? O lector verase arrastrado durante a lectura pola avidez de desenmascarar todos estes misterios que, talvez, non teñan unha doada e diáfana solución.
Rulfo recrea nun espazo fantástico, Comala, os mitos (aztecas) da busca da Idade de Ouro e o Eterno Retorno por medio de personaxes que habitan un mundo de sombras, convertidos eles mesmos en pantasmas na procura da felicidade. Este universo mítico vese así transformado nun Inferno de Dante como castigo polas trnsgresións éticas dos mesmos personaxes (asasinatos, suicidio, violacións, incesto, violencia). As fronteiras entre vida e morte quedan borradas e a temporalidade, en consecuencia, está dominada pola anticronoloxía e a non-causalidade, polo que o desorde e o caos presiden o universo novelesco. Dos personaxes só saen ecos e voces ou mesmo o silencio, convertidos en ánimas con nome que transitan por camiños e rúas difuminados nun mundo fantasmagórico. A Revolución Mexicana, a Guerra Cristera, o inmobilismo da sociedade mexicana, mundo máxicos das tradicións, relixiosidade popular e supersticións constitúen os círculos externos ou telón de fondo da trama novelesca. O ritmo narrativo, a linguaxe forte e precisa, profundamente poética e metafórica en ocasións e estilización da fala popular noutras, trazan un modelo estético inigualable na literatura en lingua castelá.




Actividade:
1. Redacta un comentario no que inclúas: correspondencia das escenas do primeiro vídeo cos cadros da novela, idendificación de personaxes, temas que se recollen nestas escenas, tratamento da temporalidade, escenarios e clima que reproduce a película, perspectiva do obxectivo da cámara, opinión e impresións persoais do clip da película.
2. Logo de veres o segundo vídeo, redacta unha síntese da historia que se narra en Pedro Páramo

miércoles, 12 de diciembre de 2007

Horacio QUIROGA. "El hombre muerto"

"Morrer é apenas não ser visto. Morrer é a curva da estrada".
(Fernando Pessoa)

Lectura do relato "El hombre muerto" en Los desterrados.


Unha posible lectura do conto:
1. Cal é a perpectiva narrativa ou punto de vista que utiliza o autor?
2. Identifica o marco narrativo do relato. Como se describe? Repara na enerxía que o autor desprega para recrear o marco exasperante da natureza do bananal fronte á impotencia do home nunha situación límite.
3.Indica o tempo cronolóxico da acción narrativa e sinala os elementos indicadores do trancorrer do tempo. Que aspectos che sorprenden especialmente da temporalidade do texto?
4.Extrae a idea esencial do texto.
5.Que pode suxerir ou significar que o cabalo pase finalmente ao outro lado da cerca.
6.Con que adxectivos cualificarías o estilo de Horacio Quiroga neste relato? Sinala algúns exemplos de repeticións e bimembracións.

Suxerencias:
O mesmo título do relato “El hombre muerto” sume o lector nun clima de inquietude, de misterio e horror. Porque, que clase de protagonismo pode exercer un home morto na acción dun relato? Aludirá o título, simplemente, a un proceso natural do final dunha vida, que se produce dunha forma máis ou menos inesperada ou accidental? Será que o autor, como un novo Orfeo que cruza a lagoa Estixia, pretende igualmente transpasar a fronteira que a experiencia humana posúe dun mundo recoñecible, de forma sensorial ou intelectiva, para adentrarse no lado escuro e enigmático do máis alá?
Tal vez “El hombre muerto” oculte unha verdade máis sombría e reveladora: “A morte do home”, ao menos no que se refire ao seu esforzo baldío por dobregar as forzas da natureza que, de forma simbólica, aparecen representadas no protagonismo que asume o cabalo ao saír triunfante na loita contra as barreiras (a cerca) que o home tenta imporlle. A historia da humanidade é a loita por someter ao seu dominio a natureza e, para iso, idea hipóteses, formula teorías científicas, crea tecnoloxía e civilizacións, actúa sobre o seu entorno, mais finalmente acaba por sucumbir impotente ante a enerxía e poder destrutor da natureza salvaxe.
Ilustración: "Cabalo azul" de Franz Marc

miércoles, 5 de diciembre de 2007

domingo, 25 de noviembre de 2007

Horacio Quiroga


HORACIO QUIROGA. "El almohadón de plumas"
Antes de preguntar onde se esconde o mal, consulta coa almofada.


A tráxica vida de Horacio Quiroga, marcada polos signos da fatalidade, tinxe a súa obra de obsesións lúgubres e macabras. Lemos historias que revelan tal horror que xa nunca máis as esqueceremos.

Observa especialmente os distintos escenarios e posibles simbolismos (brancura sepulcral e frialdade da casa, os luxosos xardíns e o canto do cisne), os caracteres convencionais ou arquetípicos dos personaxes burgueses e puritanos (a severidade de Jordan VS sumisión da anxelical Alicia), o clima de terror que crea a ambientación musical. Outro aspecto destacado é o tratamento da cuestión médica, onde percibimos o afán analítico e cientificista que xa che é recoñecible. A psicoanálise ten un papel importante.
Non será a casa ou máis ben palacio encantado, coa súa brancura marmórea e frialdade sepulcral, no que Jordán reclúe a Alicia, o que agudice o aillamento e soedade de Alicia?
Non será a frialdade, dureza e severidade do marido, como dicta o puritanismo da sociedade da época, a causa do estado de confusión e delirio da anxelical Alicia?
Non será o marido un vampiro que vai minando e zugando o sangue, a alma e a vida da esposa?
Non será Jordán o animal monstruoso que devora a Alicia?
Elabora un comentario de teu acerca do vídeo.